Os Q de Vian precisan patrocinadores/as
Para non quedar sen o Q de Vian Caderno co que agasallar ao voso intelecto, podedes incidir na autoxestión desta luminosa iniciativa.
Como é sabido, os cartos recadados coa venda dos cadernos, serán destinados á edición dos seguintes números. Con este último fin, precisamos de aportacións económicas. Pero, o noso non é pedir cartos sen máis, o que pretendemos é que cada un/unha de vós aporte a contía do exemplar que está por vir, sabendo que, en canto o novo número sexa publicado, será o/a primeiro/a en recibilo na súa casa sen gastos adicionais.
É por iso, que pedimos que vos poñades en contacto con nós no seguinte enderezo de correo, aportaverde (arroba) gmail . com, para saber como facervos co seguinte número dos Q de Vian Cadernos.
E para que vexades o que pode caer nas vosas mans cunha ínfima aportación monetaria, aquí deixamos o primeiro dos números:
Para o número dous, contaremos cun anaquiño de, entre outros e outras, Lino Braxe, Lois Magariños, Alberto Augusto Miranda, Iolanda Aldrei, Asun estévez, Antonio Pedro Ribeiro, María Elvira Millán, Marilia Miranda Lopes, Xoan Carlos Domínguez Alberte, Virgilio Liquito, Bruno M Resende, Baldo Ramos, Artur Alonso Novelhe e os incombustibles membros da república portaverdiana.